Fouce Digital

Software feito arredor de como traballas.

Levas anos co negocio en marcha. A parte dixital aínda non che acompaña.

  • Escoito primeiro.
  • Dígoche exactamente que faría.
  • Constrúo.
  • Entrégoo e non desaparezo.

Que fago.

Software a medida

Para negocios cuxo Excel, papel ou programa actual xa non dá máis de si.

Analizo como traballas e constrúo só o que precisas — nin unha función de máis.

Orzamento pechado, despois dunha primeira conversa.

Produtos Fouce

Ferramentas propias, nadas de necesidades reais de clientes concretos: ADenis, CoidaCare, ADNFactu, e o que vaia chegando.

Web e dixitalización

Para quen precisa empezar ou mellorar a súa parte dixital — dende unha web sinxela ata un axuste puntual nunha xa existente.

Cada proxecto é diferente: unha web nova non custa o mesmo ca un cambio puntual. Falamos e axusto o orzamento ao que precises de verdade.

Desde 300€ (web) · Desde 400€ (ferramenta de xestión) — punto de partida, non tarifa pechada.

Como traballo.

  1. Escoito
  2. Analizo
  3. Deseño
  4. Constrúo
  5. Probo contigo
  6. Entrego

Non empezo programando.

Antes de tocar código, entendo o problema real: como traballas hoxe, onde perdes tempo, que che frustra. Deseño arredor diso. Só despois constrúo.

Casos de estudio destacados.

CoidaCare

Xestión de persoal de axuda a domicilio

Problema

Coordinar persoal de coidado a domicilio a man: horarios en papel ou Excel, sen forma clara de confirmar que alguén chegou a onde tiña que chegar.

Solución

Aplicación web con fichaxe por NFC, xestión de persoal e visibilidade en tempo real de quen está onde.

Resultado

Unha ferramenta construída arredor do fluxo real dun servizo de axuda a domicilio, non un ERP xenérico adaptado a présas.

ADenis

Talleres e tendas de electrónica

Problema

Reparacións anotadas en papel, chamadas constantes preguntando polo estado, pouca trazabilidade.

Solución

Taboleiro visual de reparacións, clientes e dispositivos nun só sitio. Preparado para Verifactu 2027: a normativa entra en vigor o 1 de xaneiro dese ano e, se emites facturas, afectache.

Resultado

Unha ferramenta pensada arredor do fluxo real dun SAT, non unha lista de tarefas xenérica.

ADNFactu

Facturación Verifactu

Problema

Autónomos e pequenas pymes que fan poucas facturas ao mes non necesitan un ERP de facturación completo — pero tampouco poden arriscarse a incumprir Verifactu por usar un Excel ou un programa xenérico non preparado para a normativa.

Solución

Ferramenta de facturación simple, pensada para quen factura pouco pero necesita facelo ben: certificada e trazable dende a primeira factura, sen curva de aprendizaxe innecesaria.

Resultado

Facturación en regra sen complicarse a vida — vale tanto para quen factura tres veces ao mes coma para quen necesita algo máis serio, pero nace pensando no caso máis pequeno.

Proxectos reais.

Traballos xa entregados e publicados.

Web de Ribbo Asesores SL

Ribbo Asesores SL

Web corporativa a medida · Galego · Formulario de contacto

Ver web
Adrián Amado, fundador de Fouce Digital

Detrás de Fouce hai unha persoa.

Son Adrián Amado. Fouce Digital naceu cunha idea bastante sinxela: a tecnoloxía debería adaptarse ás persoas que a usan, non obrigalas a cambiar a súa maneira de traballar.

Traballo en solitario dende o Coworking A Proa, en Milladoiro (Ames), Galicia. Iso significa que, dende a primeira chamada ata a última entrega, falas sempre coa mesma persoa — a que escoita o problema é a que despois escribe o código. Non hai comercial polo medio, nin un ticket que pasa dun equipo a outro.

Preguntas frecuentes

Preguntas que case todos fan antes de chamar.

Se a túa non está aquí, escríbeme por WhatsApp. Respondo hoxe.

Preguntar por WhatsApp
Non. Diso encárgome eu. Só necesito que me contes como funciona o teu negocio. O resto tradúzoo a tecnoloxía.
Unha web desde 300€. Unha ferramenta de xestión desde 400€. O software a medida leva orzamento personalizado. O prezo péchase sempre antes de empezar: nunca recibes unha factura sorpresa ao final.
Depende do alcance de cada proxecto — fálase na primeira conversa. Traballo en fases curtas para que vexas resultados desde o principio.
Sen problema. A primeira conversa é gratis e sen compromiso. Se ves a proposta e decides que non é o momento, enténdoo. Cada negocio ten o seu ritmo.
Non. Constrúo con código propio: máis rápido, máis seguro, sen plugins que rompen sós. A ferramenta é túa de verdade.
Si. Cando algo falla, collo o teléfono. Non tes que abrir un ticket nin esperar tres días. Son un estudio pequeno e iso ten as súas vantaxes.
Contacto

Cóntame como traballas.

Non precisas saber que software necesitas. Para iso é a primeira conversa.

Prefires vernos en persoa? Podes pedir cita para reunirte comigo na oficina.

Resposta en menos de 24h · Sen compromiso · Os teus datos non se comparten