Adrián Amado Calvelo (FouceDigital), autónomo.
Coworking A Proa, O Milladoiro, Ames (Galicia).
Contacto: adri@foucedigital.com
A través do formulario de contacto desta web recollo: nome, correo electrónico, teléfono (se o facilitas) e o contido da mensaxe que escribas. Non recollo ningún outro dato persoal salvo o necesario para o funcionamento técnico do sitio (ver o apartado de cookies).
Unicamente para responder á túa consulta e, se segue adiante, xestionar a relación comercial ou o proxecto que me encargues. Non uso os teus datos para ningunha outra finalidade, non elaboro perfís e non os cedo a terceiros con fins comerciais.
O consentimento que me das ao marcar a casa e enviar o formulario (art. 6.1.a RXPD). Se chegamos a ter unha relación contractual, o tratamento posterior baséase na execución dese contrato.
Os datos do formulario consérvanse mentres dure a conversa ou o proxecto, e ata un máximo de 24 meses sen actividade, salvo que a lei obrigue a un prazo distinto (por exemplo, facturas e documentación fiscal, que se conservan o tempo legalmente esixido).
Cos provedores tecnolóxicos que fan posible esta web e o seu envío de correos (aloxamento e formularios, envío de correos transaccionais). Estes provedores actúan como encargados do tratamento e poden estar situados fóra do Espazo Económico Europeo; nese caso, o envío realízase baixo garantías recoñecidas polo RXPD (cláusulas contractuais tipo ou mecanismos equivalentes). Non vendo nin cedo os teus datos a ninguén máis.
Podes acceder, rectificar, suprimir, opoñerte ou solicitar a portabilidade dos teus datos, así como limitar o seu tratamento, escribindo a adri@foucedigital.com. Tamén podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es) se consideras que non atendín a túa solicitude correctamente.
Esta web utiliza cookies técnicas e, no seu caso, de análise. Podes consultar o detalle e xestionar as túas preferencias no panel de cookies (banner de iubenda) dispoñible na propia web.
Última actualización: 28/07/2026